As Pontes abre o prazo de solicitudes da axuda para a escolarización dos fillos, da convocatoria extraordinaria de setembro.

O prazo para formalizar as solicitudes será do 18 ao 29 de setembro de 2023.

Esta convocatoria vai dirixida ás familias empadroadas no Concello de As Pontes con fillos e fillas matriculados en Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio Profesional de Música que por obrigación, tiveran que formalizar a matrícula no seu Centro, neste mes setembro.

Requisitos económicos: Todos os membros computables da unidade familiar non supere os 21.500 €, se ben no caso de familias numerosas incrementarase o umbral en 1000,00 euros a partires do terceiro fillo/a. (Para o cálculo e determinación da renda, procederase do seguinte xeito: nas Declaracións da renda de toda a unidade familiar do ano 2021; sumarase a base impoñible xeral máis a base impoñible de aforro).

Para mais información para a recollida de impresos, poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso). Teléfonos información: 981441008, 667129336 ou 667129335.

As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal do Concello, con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389 ou 667129380ou a través da sede electrónica.

Lea también

As Pontes inicia una ronda de encuentros para presentar el plan de emergencias de la Presa da Ribeira

El Ayuntamiento de As Pontes inició ayer martes, una ronda de encuentros informativos con el …