O Comité Científico do Xeoparque Cabo Ortegal ultima iniciativas para o seu desenrolo

O Comité Científico reuniuse de forma online, para facilitar a asistencia, a que finalmente acudiron boa parte de todos os compoñentes que forman parte do mesmo. O Comité está composto por catedráticos, investigadores e persoas significativas de distintos ámbitos como a xeoloxía, desenvolvemento rural, paisaxe, antropoloxía, física, edafoloxía, xeomorfoloxía, petroloxía, bioloxía, arqueoloxía e patrimonio cultural.

Trátase dun órgano consultivo, fundamental para a figura dos Xeoparques, que ten como principal obxectivo contribuír á investigación científica en distintas áreas, definindo estratexias e promovendo iniciativas que contribúan ó desenvolvemento dos aspectos científicos do xeoparque.

Tamén traballa na promoción de estudos e na elaboración de proxectos entorno ó territorio, así como asesora á asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal en distintas materias, tanto en contidos como en discurso, informando e participando activamente en accións claves do xeoparque e favorecendo o desenvolvemento social e económico do territorio.

Compoñentes do Comité Cientifico do Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal

Ana Jesús López Díaz, titular da Universidade EPEF-Campus Industrial de Ferrol Universidade da Coruña, secretaria general da Real Sociedad Española de Física, Vicepresidenta del Grupo Especializado de Mujeres en Física

Antonio García Allut, antropólogo aocial, profesor titular da UDC. Especialidade en Patrimonio Cultural, gobernanza, antropología ambiental, poboacións de pescadores.

Antonio Sandoval Rey, ornitólogo, escritor e divulgador ambiental.

Artur Agostinho Sá, especialista en bioestratigrafía e Xeoparques Mundiais da UNESCO.

Augusto Pérez Alberti, USC, departamento de edafoloxía e química agrícola, especialista en xeomorfoloxía

Eva Parga Dans, Instituto de Productos Naturales y Agrobiología (IPNA-CSIC), especialidade en sociología do patrimonio cultural.

Felipe Criado-Boado, Instituto de Ciencias del Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (INCIPIT-CSIC), especialidade en arqueoloxía da paisaxe.

Felipe Macías Vázquez, USC, Laboratorio de Tecnología Ambiental. Instituto CRETUS.

Irene Novo Fernández, Universidad Complutense de Madrid, Petrología y Geoquímica

Jorge Mira Pérez, Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en Física e divulgación científica.

José Antonio Cortés Vázquez, UDC, especialidade en antropoloxía e socioloxía ambiental e do patrimonio.

José Ignacio Gil Ibarguchi, Universidad Complutense de Madrid, Universidad del País Vasco, departamento de Mineralogía y Petrología.

Juana Vegas Salamanca, Jefa de Área de Patrimonio Geológico y Minero, Doctora en Ciencias Geológicas por la Universidad Complutense de Madrid.

Luís Somoza Losada, Instituto Geológico y Minero, Geología aplicada a los recursos marinos y de Medios extremos (GI_GEOMAR).

Manuel González Álvarez, docente, investigador cinematográfico e audiovisual.

Mónica Luengo Añón, ICOMOS, especialidad en paisajes culturales.

Ricardo Arenas Martín, Catedrático del departamento de Mineralogía y Petrología de la Universidad Complutense de Madrid.

Sergio Llana Fúnez, Universidad de Oviedo, especialidad en geología estructural y tectónica.

Sonia Sánchez Martínez, Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Ciencias Geológicas. Departamento de Mineralogía y Petrología.

Teresa Rivas Brea, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía – EME; Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais – CINTECX. Universidade de Vigo.

Xan Rodríguez Silvar, Sociedade Galega de Historia Natural, biólogo. Educador e divulgador ambiental.

Xosé Lois Armada Pita, Instituto de Ciencias del Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Incipit – CSIC), Arqueología y Patrimonio Cultural

Para ser Xeoparque Mundial da UNESCO, os territorios deben cumplir unha serie de requisitos, como ser un territorio unificado xeográficamente, con referentes xeolóxicos únicos. No caso de Cabo Ortegal, o proceso de certificación iniciase no ano 2020, culminando no ano 2022 cos informes positivos emitidos polos avaliadores internacionais da UNESCO que visitaron o territorio nese mesmo verán.

Xa en 2023, proponse oficialmente a candidatura ante a Comisión Internacional de Xeoparques da UNESCO e posteriormente certifícase na 216a asamblea do Consello Executivo da UNESCO en maio de 2023. A obtención deste distintivo da UNESCO posibilita e incentiva a ampliación do coñecemento do territorio. Os xeoparques exercen tamén como fio conductor dun turismo sostible e desestacionalizado, mesturando natureza con patrimonio, tradición, gastronomía…e por suposto, coa xeoloxía.

Actualmente estase a traballar no proxecto educativo e en varias actuacións que buscan mellorar a visibilización do xeoparque tanto na poboación local como nos turistas. Ademáis, unha exposición itinerante sobre o Xeoparque Cabo Ortegal está a percorrer todos os concellos do territorio. Próximamente poñerase en marcha de novo o programa de intervencións murais, así como a convocatoria de dúas prazas de persoal propio.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …