A Deputación apoia a dinamización turística do recinto feiral de Moeche e as súas feiras monográficas

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade en sesión plenaria o convenio polo que se instrumenta a subvención nominativa para o financiamento do proxecto “Dimamización e potenciación turística do recinto feiral de Moeche e as súas Feiras Monográficas 2023”.

A entidade provincial apoiará esta actividade cunha achega de 38.904 euros, o 80 % do financiamento total do proxecto, que ascende a 48.630 euros.

O obxectivo deste proxecto é dinamizar e potenciar de xeito turístico o recinto feiral de Moeche e as súas feiras monográficas do ano 2023.

Os días 11 e  23 de cada mes Moeche énchese de vida e actividade grazas á celebración de feiras mensuais e os mercados, converténdose nun potente alicerce da economía grazas aos produtos locais.

Ademais, ao longo do ano celébranse un total de catro feiras monográficas que contan cun gran valor turístico e patrimonial para o municipio: a Feira do Queixo, a Feira do Cabalo, a Feira de Gando Vacún Raza Rubiga Galega e a Feira das Fabas.

A Feira do Queixo nace en marzo de 2016 co fin de impulsar o queixo artesán como produto de proximidade, apoiar o sector lácteo comarcal e ser un factor de desenvolvemento local potenciando non só o queixo, se non tamén o pan, un produto de alta calidade do municipio.

A Feira do Cabalo do ano 2023, que tivo lugar o 23 de abril, é un dos eventos deste tipo con maior senlleira do mundo equino en toda Galicia. Danse cita todos os anos persoas afeccionadas do mundo ecuestre de toda a zona noroeste de España, chegando a concentrar máis de 5.000 persoas no municipio.

Outra das feiras monográficas que se celebra en Moeche é a Feira de Gando Vacún Raza Rubia Galega, que pretende poñer en valor a tradición a través da recuperación do mercado de gando que se celebraba en Moeche todos os martes durante décadas. O pasado 23 de xullo celebrouse a VI edición desta Feira.

A última das feiras monográficas é a Feira das Fabas, que terá lugar o vindeiro 14 de outubro, como espazo para promover o produto local e as fabas de Lourenzá, atraendo a xente e visitantes a través da gastronomía.

Desde a Deputación da Coruña promoven este tipo de eventos, poñen en valor a tradición e o patrimonio histórico para os seus concellos, acadando ao mesmo tempo un gran potencial turístico que atrae a visitantes de diversas zonas xeográficas 

Lea también

La Xunta destaca en Mañón la contribución del programa Leader para crear empleo en zonas rurales

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha destacado la contribución del programa Leader …