Comezan en Pontedeume as «Festas Das Peras 2023», con James Rhodes como pregoeiro

Pontedeume acolle dende este xoves 7 de setembro, e ata o vindeiro luns 11, unha nova edición das Festas das Peras. Este ano contan co músico James Rhodes como pregoeiro e actividades para todos os públicos.

A programación desta edición inclúe eventos para todas as idades e gustos, con citas tan tradicionais como a saída de mómaros e cabezudos, a “Cucaña Marítima”, o concurso de froitas, os fogos artificiais ou a subida ao Río Eume, ás que suman varios concertos. As Festas  inauguraranse co pregón de James Rhodes a partir das 20.30 e o Festival Rock ás 22.00.

O venres será o día da “Cucaña Marítima”, ademais do Festival Folk. O sábado o “Concurso de Froitas” será a cita principal, xunto ao concerto da orquestra Claxxon. Na medianoite do domingo serán os fogos de artificio coa actuación da orquestra Marbella, mentres que as festas pecharanse o luns coa subida ao río Eume e a orquestra París de Noia. Ademáis o programa complétase diariamente con citas deportivas, charlas, actividades gastronómicas, así como concertos e outros actos.

O programa completo das festas pódese ver o detalle no programa adxunto ou tamén está dispoñible neste link:
https://www.pontedeume.gal/es/evento/programacion-fiestas-de-as-peras-2023/

Lea también

Herido un camionero tras caer su vehículo por un terraplén de unos 30 metros en Cabanas (A Coruña)

Un camionero ha resultado herido en la mañana de este jueves tras caer el vehículo …