O Perfumerías Avenida vence en As Pontes ao Baxi Ferrol

Instante do Baxi Ferrol – Perfumerías Avenida en As Pontes | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Partidazo de moitos quilates o vivido este mércores á tarde no Pavillón Municipal de As Pontes.

Si xa é un luxo recibir ao Baxi Ferrol, que esta campaña 2023-24 retorna a Primeira División, tamén o é recibir a visita do mítico Perfumerías Avenida de Salamanca, o gran dominador do basket español na última década, que acumula 1 Euroliga, 1 Supercopa de Europa, 8 Ligas, 10 Copas e 9 Supercopas.

Por As Pontes pasaron internacionais españolas e Campionas de Europa coma Silvia Domínguez, Laura Gil, Leo Rodríguez e Andrea Vilaró. Incluso tamén campiona continental recentemente foi a belga Antonia Delaere.

O partido de hoxe tivo pouca historia entre un equipo que aspira a todo e o outro a manter a categoría con moita honra. Comezaron moi ben as ferrolás, pero pouco a pouco as salmantinas foron impoñendo a súa calidade e maior banquillo ata o 53-77 definitivo.

Ao descanso chegouse con 31-43 e a máxima anotadora foi a gran canaria Leo Rodríguez con 16 puntos.

Lea también

Club Arco Narón participa en el III Gran Premio de España Promesas

Durante este fin de semana se celebró en Madrid el III Gran Premio de España …