O BNG de Ferrol propón «desvincular os restos arqueolóxicos da urbanización da rúa San Francisco»

O Bloque Nacionalista Galego do Concello de Ferrol considera «que é perfectamente factible dar continuidade á obra da rúa San Francisco e poñer en valor os restos arqueolóxicos desvinculando estes do proxecto de urbanización sen comprometer o financiamento dos traballos»

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que este mércores 6 «propúxolle ao goberno acometer unha modificación do proxecto que contemple unha reorganización do tráfico e permita que os restos arqueolóxicos queden á vista e se poñan en valor»

O BNG sinala que «a afectación destes restos no conxunto da obra é limitada ao tratarse apenas dun 10% do conxunto do proxecto de urbanización desta rúa tendo en conta que non teñen continuidade ao longo da rúa San Francisco tal e como recolle o proxecto de escavación arqueolóxica»

«Ademais hai que ter en conta que o actual proxecto vai ter que ser igualmente modificado para redefinir o paso das infraestruturas e instalacións a través da praza vella e esta modificación terá que ser sometida á autorización da Dirección Xeral de Patrimonio»

«Por todo isto o BNG propón ao goberno municipal que continúe cos traballos de urbanización da rúa San Francisco, desvincule o tramo afectado polos restos arqueolóxicos e elabore unha proposta que contemple a conservación e posta en valor dos mesmos»

Xa por último o BNG lamenta que «o goberno municipal non queira escoitar as voces de múltiples colectivos e de veciños e veciñas da cidade que apostan pola posta en valor do noso patrimonio»

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …