“Caldo” e “Tesouro” actúan en Narón na cuarta edición do programa Noites á fresca

Dúas agrupacións musicais, Caldo e Tesouro, actuán este sábado día 9, nas inmediacións do magnolio de Xuvia, no marco do programa Noites á fresca.

Así o recordou a concelleira de Festas do Concello de NarónMar Gómez, que indicou que a convocatoria é “unha das citas festivas xa consolidadas no calendario de eventos desta cidade, ofrecendo nesta ocasións dúas propostas musicais e un espectáculo lumínico nun espazo dos máis representativos da cidade, nunha zona de paso do Camiño Inglés e xunto ao magnolio centenario de Xuvia”.

Os concertos, apuntou son con entrada de balde.

A formación Caldo intégrana María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), un trío centrado na música tradicional e con contextos sonoros contemporáneos a través dos instrumentos.

A actuación deste grupo dará comezo ás 22.30 horas. “Lugar A Ponte” é o título do segundo álbum da formación, do que se poderán escoitar en directo os seus temas neste concerto.

A continuación, sobre as 23.45 horas actuará a formación Tesouro, integrada por Carlos Rego (vocalista e guitarrista), Daniel Alonso (baixista) e Aser Álvarez (batería). A formación presentará tamén no ciclo Noites á fresca o seu novo proxecto, que se presenta como moi conmovedor.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …