O BNG de Ferrol considera «insensato» as diferentes decisións adoptadas polo alcalde da cidade

A través dun comunicado Iván Rivas, portavoz do BNG de Ferrol, expresa que «decisións como a de reabrir ao tráfico rodado rúas nun barrio histórico e declarado BIC como A Magdalena, a de sepultar e ocultar a historia da cidade en barrios como Ferrol Vello na rúa San Francisco para despois inventarse un relato sobre ás orixes de Ferrol, a de elevar a velocidade dos vehículos a 50 km/h nas rúas do ámbito urbano, a de insistir na cultura do formigón e do chapapote en espazos como a Rúa da Igrexa suprimindo vexetación ou o feito de que este goberno contemple a posibilidade de substituír árbores por prazas de aparcadoiro en ámbitos como a praza do Carbón, evidencian que estamos diante dun Alcalde insensato e que actúa con fórmulas caducas de cando as cidades sometían a súa ordenación ao tráfico rodado e onde a nosa historia era sepultada e terxiversada».

«É curioso ademais que dentro desta voráxine negacionista e terraplanista, o único que se salva é o radar de A Malata, xestionado por unha empresa privada e que actualmente continua a facturar e para o que xa se anunciou a súa permanencia nalgunha outra localización, independentemente da súa necesidade ou non, demostrando que neste caso a prioridade é o afán recadatorio máis que a regulación ou ordenación do tráfico»

Rivas pediulle ao PP que «abandone este comportamento insensato desde o punto de vista urbanístico e negacionista da nosa historia e mire cara o seu redor para ver o que se está a facer noutros lugares. Que reflexione sobre o feito de que mentres hai cidades que levan anos avanzando no proceso de recuperación do espazo público para as persoas, en Ferrol están a desfacer o escaso camiño andado, que hoxe o desenvolvemento de zonas verdes no corazón das cidades é unha prioridade e que a recuperación do pasado e a posta en valor dos seus vestixios no canto de ocultalos é unha oportunidade»

O portavoz nacionalista pediulle ao PP que «deixe de mirar cara atrás para buscar as solucións dunha cidade como Ferrol que o que precisa é romper coas inercias do pasado para enfrontar o futuro con decisión»

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …