Carolina Santos, do «Ría de Ferrol» campiona galega absoluta de milla en ruta. Andrea Díaz (At.Narón) en Sub 18

Carolina Santos do Ría Ferrol e Gustavo Santiago do Triatlón Poio, resultaron gañadores na categoría absoluta do Campionato Xunta de Galicia de Milla en ruta disputado o sábado 26 no Concello de Lourenzá.

Xunto aos gañadores absolutos, compartiron postos de podio Andrea Díaz do Atletismo Narón e Julia Salvado do S.D.Compostela Atletismo na categoría femenina e Anxo Lado da A.D.Olimpia e Alan Sardinero do C.D.Pinarium na masculina.

De igual modo tamén se celebrou o Campionato Xunta de Galicia de 1K en ruta para as categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 e a Milla Popular Lourenzá fin de etapa camiño norte.

A proba organizada polas Escolas Deportivas de Lourenzá, contou cunha ampla participación e un tempo climatolóxico desigual que malia elo, non desanimou a asistencia dun nutrido público que se xuntaría nas inmediacións do circuito.

Gañadores do Campionato Xunta de Galicia de Milla en ruta

  • Absoluta. Carolina Santos (Ría Ferrol) e Gustavo Santiago (Triatlon Poio)
  • Sub18. Andrea Díaz (At.Narón) e Christian Sierpes (S.A.Trega)
  • Sub20. Carolina Santos (Ría Ferrol)
  • Sub23. Pablo Fernández (C.A.Ribadeo)
  • Máster 35. Elena Suárez (C.A.Sada) e Adrián Vijande (Ría de Foz)
  • Máster 40. Paula Rosales (Pinarium) e Amador Pena (S.D.Compostela)
  • Máster 45. José Miguel Gómez (C.A.Pino)
  • Máster 50. Purificación Anegas (C.do Miño) e Rubén García (Maderas Barcia L.C.)
  • Máster 55. Fernando A. Ojea (Ourense Atletismo)
  • Máster 60. José M.Fernández (Verxel Nutrición)
  • Máster 65. Mª Angeles Rodríguez (A Silva) e Nemesio Gutiérrez (At.Friol)
  • Máster 70. Domingo Álvarez (Independete)
  • Máster 75. Antonio Hernández (Mochila Deporte)

Gañadores do Campionato Xunta de Galicia de 1K. ruta

  • Sub16. Aroa Barbeito (S.Gimnástica) e Alex Sierpes (S.A.Trega)
  • Sub14. Lidia Balseiro (Maderas Barcia L.C.) e Enrique García-García (At.Lucense)
  • Sub12. Daniela Asensio (S.A.Trega) e Sergio Silva (S.A.Trega)
  • Sub10. Nadia Conejo (S.A.Trega) e Alán de la Fuente (S.A.Trega)

Lea también

O Parrulo Ferrol renueva su alianza con Error! Ferrol

El servicio técnico informático y de telefonía amplía su apuesta por la entidad ferrolana. O …