Nauta teatro trae a Valdoviño o espectáculo de temática ambiental “A barca do inferno”

O Concello de Valdoviño programa este venres 25 no parque de Marnela, como prólogo do Pantín Classic, o espectáculo “A barca do inferno”.  A partir das 21 horas, a compañía Nauta Teatro porá en escena na contorna da praia de Pantín esta sorprendente produción de temática medioambiental, que explora a situación actual do medio mariño.

Partindo do clásico «Auto da barca do inferno» do portugués Gil Vicente, esta emerxente compañía galaico-francesa propón una mirada crítica sobre a gravidade dos nosos actos, mostrados dende a perspectiva dos habitantes do ecosistema acuático.

Monicreques, máscaras, música en directo, sátira e traxedia conforman os ingredientes esenciais desta obra, que pon o foco nos vertidos residuais ao mar, na pesca masiva e, en definitiva, na emerxencia climática que está a vivir o planeta.

“A barca do inferno” é unha coprodución do Centro Dramático Galego e chega Valdoviño, co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e Abanca, no marco das axudas destinadas a Concellos con Festas de Interese Turístico de Galicia como é o caso do Abanca Pantín Classic Galicia Pro

En caso de chuvia, o espectáculo trasladarase á Casa da Cultura de Valdoviño.

Lea también

La Habitación Roja celebra en Ferrol sus 30 años sobre los escenarios

La banda valenciana La Habitación Roja actuará este sábado 23 de mayo en el Teatro …