XV edición do «Lugnasad de Cedeira-vodas celtas» o sábado 26 de agosto

Fotografía de la edición anterior.

O Lugnasad de Cedeira chega este ano á súa XV edición con algunhas novidades que xa se fixeron notar na edición anterior, entre as que destacan: o novo formato nas actividades e o seu emprazamento. Según informa a organización do evento, no momento de emitir este comunicado, xa hai rexistradas, para celebrar as súas vodas celtas, unha vintena de parellas procedentes de diversos lugares de Galicia, Cataluña, País Vasco, Madrid, Zamora, Sevilla e León, ademais dunha de Inglaterra.

O Lugnasad de Cedeira é unha actividade de carácter lúdico que recrea, dentro do ciclo anual celta, a festividade coñecida tamén como As Noites de Lugh ou As Vodas de Lugh (Lughnasad). No Lugnasad de Cedeira celébranse as vodas celtas, ademais doutras actividades relacionadas co Mundo Celta, coas lendas artúricas, con Galicia, con Cedeira e co histórico santuario do Santo André de Teixido. 

Programa para o sábado 26 de agosto:

11:30 h. Apertura Mercado Medieval (Paseo da Mariña)
12:00 h. Desfile e Recepción de Parellas. No desfile e na foto de familia na Praza da Laranxeira poden participar tódalas persoas que estean vestidas de época. Saída da calzada de Gadis.

17:00 h. Xogos, Actividades Didácticas infantís e xuvenís (Praza da Marieta) II Certame Personaxes de Lenda (modalidade infantil e xuvenil). Escolle un personaxe de época ou lenda (celta, vikinga, antiga, medieval…), vístete como tal e preséntate ás 17:00 h. na Praza da Marieta para inscribirte e participar no concurso.  Premios ás mellores caracterizacións e agasallos a tódolos personaxes inscritos. Ademais, tódolos personaxes vestidos de época poden participar no desfile das 12:00 h.
18:00 h. Actividades Musicais (Praza da Marieta)
-Violín Galicia
-Ad hoc Ensemble
-Rondalla de Cedeira
21:00 h. Vodas Celtas (Praia da Madalena).

Para participar nas Vodas Celtas do Lugnasad as parellas deben facilitar os seus nomes, a idade e o lugar de procedencia. A cerimonia das vodas é de carácter gratuíto e soamente é necesario inscribirse na  Asociación Amigos do Lugnasad de Cedeira, Aptdo 30, 15350 – Cedeira (Coruña) llamando o Tlf. 608 29 21 86, ou e-mail:  galiciamagica@galiciamagica.com

 

 

 

Lea también

Cariño conmemora el 25N con actividades varias

El Concello de Cariño conmemorará el 25N, Día Internacional para la Eliminación de la Violencia …