Concello de Narón e Asociación Boulevard Odeón organizan un espectáculo de acrobacias en moto

A avenida Cataluña, nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, acollerá o vindeiro sábado, día 19, un espectáculo de acrobacias en moto protagonizado por Emilio Zamora.

A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou o evento acompañada por Patxi Ferreiro, representante da Asociación Boulevard Odeón, e José Antonio González, presidente do Ducati Club Oficial D.C.E.

O Concello organiza o evento, con acceso de balde, xunto coa Asociación Boulevard Odeón. A partir das 19.00 horas Emilio Zamora desafiará as leis da gravidade realizando impresionantes acrobacias en motos, unha experiencia que dende a organización se define como única e dirixida ao público xeral.

O stuntman Emilio Zamora conta cunha experiencia de máis de dúas décadas reinventándose en cada un dos máis de medio cento de espectáculos que realiza ao longo do ano por todo o país e tamén a nivel internacional. A sesión estará amenizada, tralo espectáculo de Zamora, por unha sesión musical a cargo dun DJ, tal e como avanzaron.

Dende o Concello animouse á veciñanza en xeral a acudir a esta convocatoria, “pensada para ofrecer unha proposta diferente para esta tempada estival nunha zona cunha gran presencia do sector hostaleiro local, que xunto co Concello organiza este evento que confiamos en que terá unha moi boa acollida”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …