A Mostra de teatro galego de Cariño estrea «Pedro e o lobo» da compañía Fantoches Baj

O espectáculo, corre a cargo dos actores e manipuladores de bonecos Inacio Vilariño, Luis Iglesias e Larraitz Urruzola, e cos arranxos musicais realizados por Benxamín Otero sobre o clásico de Prokofiev

O espectáculo estrearase ao público xeral este martes 15 de agosto dentro da programación de sala da Mostra de Teatro galego de Cariño , ás 12:00 horas.

Fantoches Baj, e unha das compañías teatrais máis consolidadas do panorama galego; O seu novo espectáculo tratase dunha adaptación do clásico conto de ‘Pedro e o Lobo’, desta volta representada con marionetas manipuladas coa técnica do bunraku, acompañadas coa marabillosa música do clásico de Prokofiev e todo sobre unha maqueta de ferrocarril para contarlle especialmente aos nenos e nenas, pero tamén ao público familiar en xeral, unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza.

Pedro e o Lobo de Prokofiev é un grande clásico teatral para a infancia. Desde a súa estrea mundial en 1936 foron acometidas innúmeras postas en escena por todo o mundo con moi diferentes plantexamentos. Pero quizais o máis repetido é o modo en que Prokofiev a estreou, a saber: un narrador que vai contando a historia de Pedro e o seu enfrontamento co lobo, ao mesmo tempo que vai tendendo pontes coa orquestra e enunciando como a música, cos seus timbres, melodías e ritmos é capaz de evocar espazos e personaxes e incluso describir accións. A partir de aí, desa proposta narrativa, o resto, polo normal, sexan no cine, danza, teatro con actores ou marionetas, representan a historia e o narrador desaparece ou pasa a un segundo plano.

A proposta de Fantoches Baj para esta nova posta en escena de “Pedro e o Lobo” é conciliar estes dous grandes modos de facer esta obra, unindo o relato do narrador (ou narradores) coa representación das accións que se describen ou evocan na música. Para iso, Fantoches Baj escolleu para representala marionetas manipuladas coa técnica do bunraku, pois esta técnica de manipulación a vista, sobre mesa, permite que convivan sen dificultade eses dous planos, obrigando ao manipulador a alternar entre as dúas funcións de narrador e de actor.

De que vai este conto?
Pedro e Mariola son descencentes dunha familia de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. Hoxe, utilizando algúns dos elementos escenográficos do seu parque (a estación de Montefurado, o vagón-vivenda do avó, unha augada e un bosque) cóntanlle a xente como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado nun día en que toda a aldea andaba á procura dun lobo, de como Pedro cazou o lobo para facerse o valente e vingarse de que lle papara a seu “pata Branca” e como finalmente Mariola convence a Pedro para que perdoe ao lobo e o deixe retornar ao seu ámbito natural, o bosque.

Quen é Fantoches Baj?
Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela, a compañía, afincada en Lalín, centra o seu campo de interese no teatro de títeres entendidos dunha forma ampla.

O seu director, Inacio Vilariño, gañou en dúas ocasións o premio Barriga Verde de Textos Teatrais nas dúas modalidades de infantil e de adultos cos textos “Auga que non vas beber” e “Fábula Galénica”. Nesta compañía colaboran habitualmente Luis Iglesias, «Luchi» na construcción de bonecos e escenografías, así como actor e manipulador en moitos dos espectáculos; e Benxa Otero, na creación musical e interpretación en directo.


“As Pombas de Carboeiro”, unha experiencia anterior que sirve de base Para a interpretación do novo “Pedro e o lobo”, dirixida polo propio Inacio, Fantoches Baj contará ademais de con el, tamén cos actores Luis Iglesias e Larraitz Urruzola.

“Pedro e o lobo” trátase dun musical de teatro que se pode interpretar de dous xeitos: En formato de teatro con banda de música interpretando en directo os arranxos musicais realizados por Benxamín Otero; ou en formato teatral sen banda de música en directo, apoiándose nas músicas que irán soando gravadas no transcurso do espectáculo. Se ben a montaxe está concebida para as dúas formas de interpretación, a máis espectacular é a primeira delas, pola sonoridade e vistosidade de poder contar con espectáculo teatral con banda de música en directo. A compañía Fantoches Baj xa ten traballado nunha experiencia similar co espectáculo “As Pombas de Carboeiro” interpretado con 20 bandas de música diferentes ao longo de toda Galicia, acadando unhafabulosa crítica tanto a nivel musical como teatral.

O vestiario de “Pedro e o lobo” foi deseñado por Olga Vieites, os arranxos musicais corren a cargo de Benxamín Otero, do deseño do cartel e das marionetas encargouse de Iván Suárez e da escenografía Luis Iglesias (Luchi).

Lea también

“Neda a petiscos” convida a probar os manxares das tafonas locais en seis novas catas gratuítas

O Concello de Neda convida a veciños, veciñas e visitantes a sumarse esta fin de …