Continúa en Sedes o «XXIII Oenach Atlántico», Festa de Interese Turístico de Galicia

A programación deste «XXIII Oenach Atlántico» que se inicióu este venres día 28 en Sedes, seguíu este sábado xa dende primeras horas de mañá coa apertura da campa castrexa, artesanías ao vivo e, tamén actividades lúdicas para pequenos e maiores, un photocall castrexo, unha sesión vermú co grupo No Cómbaro e un espazo de xantares.

Xa pola tarde retomáronse as actividades lúdicas ás 16.00 horas cun espectáculo de Pablo Díaz, música e baile tradicional a cargo do Grupo de Música e Baile Tradicional Alxibeira e ás 22.30 horas de esta noite comezará a Noite no Castro, unha representación da Grande compañía de Teatro Comunitario de Sedes, integrada por veciñas e veciños da parroquia, que se caracterizarán para representar a obra “Lúa de sangue”.
Xa mañá domingo retomarase o programa ás 11.00 horas con artesanías ao vivo, actividades lúdicas, e unha mostra de can de palleiro. Sobre as 13.00 horas haberá unha recreación teatral na campa castrexa e pola tarde, dende as 17.00 horas continuarán as diferentes propostas desta festividade, que inclúen a representación de “As minas do rei Salomón”, de Os Ghazafelhos, unha parada etnográfica da música tradicional coa Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, unha recreación na campa castrexae, a última hora da tarde, un concerto da formación Tiruleque.

A programación ao completo pode consultarse a través do enlace:  https://www.naron.es/web/docs/Oenach-programacion-2023.pdf .

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …