O Club de Piragüismo Narón participa no “LIV Campionato de España de Sprint de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete”

O edil de Deportes do Concello de Narón, Ibán Santalla, reuniuse con integrantes do Club de Piragüismo Narón, que participan este sábado 29 e domingo 29 nas finais do “LIV Campionato de España d Sprint de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete”.

A cita deportiva, cuxas clasificatorias son esta tarde, terá lugar no embalse de Trasona (Avilés, Asturias) e está organizada pola Federación Española de Piragüismo, e no mesmo participarán un milleiro de deportistas procedentes de mais dun centenar de clubs nacionais.

O presidente do Club de Piragüismo Narón, Óscar Niebla, explicou que na modalidade de K1 representarán á cidade Yeray Niebla e Nerea Lema, mentres que en K2 farán o propio Yago Álvarez e Iván Pedreira. Os dous últimos competirán tamén na modalidade K4 con John Roca e Santiago Izquierdo.

Dende o club local agradeceron a colaboración do Concello de Narón coa entidade en particular e co mundo do deporte en xeral.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes destacou o labor e os éxitos acadados polos deportistas locais e desexou moita sortea os piragüistas que participarán esta fin de semana no citado campionato. “É un orgullo ver como a nosa cidade está representada en citas como este campionato por rapazas e rapaces que darán o mellor de si e que ogallá acaden un bo resultado”, asegurou Santalla.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …