Organizada polo Concello de Narón e a Asociación Veciñal Altea de Xuvia a XXIII Edición da Festa da Ameixa Rubia, discorrerá polo paseo marítimo de Xuvia o sábado 15 e o domingo 16 de Xullo.
O sábado, para abrir a «Alteada 2023«, terá lugar no paseo marítimo un concerto Rock a partir das 22:30 da noite con la presencia dos grupos BlackJack, MR.Camándula e SuperOito.
Xa o domingo 16 contarase a partires das 13.00h con sesión vermouth e xantar popular as 15.00h. cun menú degustación composto de Ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesas, café e chopos ( bebidas incluídas); e pola tarde un sen fin de actividades para o desfrute de «tódolos» da casa:
– Xogos tradicionais
– Concerto de Brais das Hortas , de 18.00 a 19.00 horas, para os mais peques.
– Baile co Dúo Trasnos para os mais maiores
– E festa da escuma as 19.00 horas.
A venta de tikets para a comida do domingo pódense conseguir no local da asociación Altea ( rúa do Foro 43, baixo -Narón) ) ou no teléfono 981 393 561.