As Somozas mellora a seguridade viaria en Chao

O Concello de Somozas vai mellorar a seguridade viaria na lugar de Chao; consistiendo a obra  en renovar 335 metros da estrada, colocando unhas novas beiravías, con 20 cm de xabre de canteira e 10 cm de formigón de mallazo, previa adecuación dos terreos. Contémplase tamén a canalización de tubo de PVC de 400 mm de diámetro e a colocación de 8 novas arquetas de sumidoiro para a recollida de pluviais.

O orzamento da execución desta obra ascende a 50.961 euros. Nesa mesma zona prevese a colocación de novas luminarias LED, co obxectivo de acadar un maior aforro enerxético e obter unha maior eficiencia, reducindo o custo económico para as arcas municipais.

O alcalde, Juan Alonso, subliña a importancia de “mellorar as comunicacións do municipio, facilitando o día a día da nosa veciñanza”. “Coa coloación das novas luminarias imos incrementar o aforro da factura da luz do Concello e mellorar a eficiencia, ademais de conseguir un aspecto máis moderno e renovado” engadiu o rexedor.

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …