Axenda en Narón do 13 ao 16 de xullo de 2023

Xoves 13 de xullo de 2023

Actividade: Mercado Medieval Hora: A partir das 18.00 Lugar: Parque do río Freixeiro

O Concello organiza un ano máis o Mercado Medieval, que contará cun centenar de postos de diferentes artículos e ofrecerá ata o domingo diferentes espectáculos musicais, de maxia, pasacalles, obradoiros e outras propostas para públicos de todas as idades.

Venres 14 de xullo de 2023

Actividade: Mercado Medieval Hora: A partir das 11.00 e pola tarde dende as 18.00 Lugar: Parque do río Freixeiro

Actividade: Cine de verán Hora: 22.30 Lugar: Centro Cívico Social do Val

O Padroado da Cultura organiza, en colaboración coa Deputación da Coruña, este ciclo de cine. Nesta nova sesión proxectarase “Los demonios de barro”. A entrada é de balde.

Sábado 15 de xullo de 2023

Actividade: Mercado Medieval. Hora: A partir das 11.00 e pola tarde dende as 18.00 Lugar: Parque do río Freixeiro

Actividade: XXXII Festival Internacional de Folclore Hora: 21.00 Lugar: Parque fluvial de Freixeiro (en caso de choiva, Pazo da Cultura)

A Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura de Narón; o conxunto de danza folclórica “Veselin Maslesa” Banja Luka, de Bosnia e Hercegovina; o grupo folclórico de Cantares e Balhados da Relva, de Illas Azores e a Asociación de Danzas folclóricas Ciudad de Cádiz, de Cádiz, actuarán neste festival. Organiza o Padroado da Cultura de Narón e a entrada é de balde.

Actividade: XXIII Festa da Ameixa Rubia Hora: A partir das 22.30 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

A programación da “XXIII Festa da Ameixa Rubia” comezará nesta xornada cos concertos, con entrada de balde, do grupo Blackyack, Mr. Karmándula e, a continuación, Superoito. Organizan o Concello de Narón e a AVV Altea, de Xuvia.

Actividade: Noite no mosteiro Hora: A partir das 22.30 Lugar: Mosteiro de San Martiño de Xuvia

O Concello organiza un concerto de música sacra no convento, con pases de 20 minutos cada un a partir das 22.30 horas. A capacidade é limitada ao aforo do espazo no que se levarán a cabo os concertos. Haberá tamén un espectáculo de iluminación exterior do mosteiro de San Martiño de Xuvia.

Lea también

Inscricións abertas en Narón para participar no XI Concurso de Tapas de Entroido

O Concello de Narón mantén abertas as inscricións para participar na XI edición do Concurso …