A oficina de turismo de Narón permanecerá aberta do 5 xullo ao 17 de setembro

Dende este mércores 5 e ata o 17 de setembro abrirá as súas portas a Oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, recordou que o Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, e con cargo á mesma sufragaranse os gastos de contratación de dúas persoas que atenderán as instalacións.

O horario de apertura será de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados e os domingos abrirá de 10.00 a 14.00 e os sábados pola tarde de 16.00 a 20.00 horas, permanecendo pechadas as instalacións os domingos polas tardes e os lúns todo o día.

A concelleira de Turismo recordou que as persoas que se acheguen á Oficina de Turismo terán á súa disposición material informativo sobre recursos turísticos de Narón e do resto da comarca e tamén de actividades culturais e gastronómicas que se desenvolverán nos vindeiros meses na cidade, entre outros.

As persoas que o desexen tamén poden poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, no seu horario de apertura, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …