Narón abre o prazo de solicitude de subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal

O Concello de Narón abrirá, mañá venres día 30, o prazo de solicitude de subvencións para asociacións e outras entidades de ámbitomunicipal correspondentes ao actual exercicio. Trátase de axudas dirixidas a actuacións e programas realizados durante este ano e encamiñadas a promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo en diferentes áreas. A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, anunciou que se poderán solicitar a partir de mañá –e durante os vindeiros quince días hábiles- coa documentación correspondente a través da Sede Electrónica do Concello.

As asociacións e institucións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que soliciten estas subvencións deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello, ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e debidamente xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello.  Así mesmo, deben cumprir o resto de requisitos que se establecen no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón.

As áreas nas que deben traballar as asociacións e entidades solicitantes son: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade ou drogodependencias, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e saúde, tal e como se especifica nas bases da convocatoria.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …