A corporación local de Narón aproba a organización municipal para o actual mandato

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu este mércores 28 o primeiro pleno do novo mandato, no que se aprobou a organización municipal.

Na sesión deuse conta da resolución de Alcaldía sobre a designación das áreas de cada concelleiro do grupo de goberno e tamén os membros da Xunta de Goberno local e tamén da constitución dos grupos políticos e os seus integrantes e portavoces: Román Romero (TEGA), Germán Castrillón (PP), Silvia María de Arriba (PSOE) e Olaia Ledo (BNG).

Na convocatoria designouse tamén aos representantes municipais:

Na Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol: Manuel Ramos 

Na comisión de deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño: Marián Ferreiro, Juan Pablo Mauriz, Tania Novo, Olaia Ledo e Jorge Ulla

No Padroado de Cultura: Marián Ferreiro ( presidenta) e como titulares: María del Mar Gómez, Olga Ameneiro, Tania Novo, Beatriz Mosquera e Jorge Ulla

No Padroado de Deportes: Marián Ferreiro (presidenta), José Oreona, Pedro Portela, Beatriz Mosquera e Jorge Ulla

No Consello de Administración de Cosma: Marián Ferreiro (presidenta), Manuel Ramos, José Ibán Santalla, Germán Castrillón, Eugenio Carballeira e Jorge Ulla

No Padroado do Parque Científico Tecnolóxico de Río do Pozo: Marián Ferrero e Germán Castrillón

Na Fundación Terra de Trasancos: Marián Ferreiro

No Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22: Manuel Ramos

No Grupo de Acción Pesqueiro Golfo Ártabro Norte: Manuel Ramos

No Eixo Atlántico: Manuel Ramos

Na Mesa do Comercio Local de Narón: Marián Ferreiro e Olaia Ledo

Na Cruz Vermella: Manuel Ramos

Nos Consellos Escolares dos centros públicos de ensino (un edil por cada un dos centros) e no Consello Escolar Municipal: Manuel Ramos, Vanesa Bouzamaior, Olaia Ledo e Jorge Ulla

Na Asociación de Concellos do Camiño Inglés: Natalia Hermida

No Fondo Galego de Solidariedade: María del Carmen Lorenzo

No Consello Xeral de Participación Cidadá: Natalia Hermida, Tania Novo, Eugenio Carballeira e Jorge Ulla

Nos Consellos Territoriais de Participación Cidadá (catro por cada unha das parroquias e barrios)

No Consello Sectorial de Igualdade: Olga Ameneiro, Nuria Yáñez, Olaia Ledo e Jorge Ulla

Na Xunta Local de Seguridade: Marián Ferreiro, José Oreona e Germán Castrillón

Na Asociación de Entidades locais pola lingua galega: María del Carmen Lorenzo

Na Fundación da Axencia Enerxética Provincial da Coruña: Manuel Ramos

Na Comisión especial de seguemento da revisión do PXOM de Narón: Marián Ferreiro, Manuel Ramos, Germán Castrillón, Olaia Ledo e Jorge Ulla

Na comisión de seguemento da situación producida polas moscas na parroquia do Val: Marián Ferreiro, Manuel Ramos, Germán Castrillón, Olaia Ledo e Jorge Ulla

Así mesmo, acordouse que a periodicidade dos plenos orfinarios será mensual, ás 19.00 horas o derradeiro xoves, agás xuño, xullo, setembro e decembro que serán ás 09.00 horas.

Tamén se aprobou a periodicidade da Xunta de portavoces e das diferentes comisión, así como os integrantes de cada unha delas. No pleno aprobouse a determinación do persoal eventual do Concello, cun total de sete persoas.

A proposta formulada por Terra Galega era manter os cargos con dedicación exclusiva da alcaldesa e un concelleiro e as parciais do pasado exercicio (tres) mentres que a proposta efectuada polos grupos municipais de Partido Popular, BNG e PSOE foi de incrementar as dedicacións exclusivas en tres máis (unha para cada un dos portavoces deses grupos da oposición).

Finalmente, na votación deste último punto, os edís dos tres partidos da oposición abstivéronse na votación da súa propia proposta, co que non saíu adiante a determinación que plantexaron a pasada semana para as dedicacións exclusivas, parciais e asistencias, indemnizacións e dietas.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …