El Ateneo Ferrolano acoge la presentación del poemario «Onde nacen os Pexegueiros»

Este viernes, día 30 de junio a las 20 horas, tendrá lugar en el Ateneo Ferrolano la presentación del poemario «Onde nacen os Pexegueiros» de Mariola Hermida Romero

A propia autora expresa acerca da súa obra «A miña afección pola escrita ven desde hai moitos anos. Este é o meu terceiro Poemario. Formei parte dun Obradoiro Literario en Fene durante dez anos, levado a cabo por Eduardo Estévez. Tamén doutro de Escritura Creativa na Biblioteca de Ferrol durante tres anos, a cargo de Luz María Leira Rivas. Participei nun Taller da escrita durante varios anos na Biblioteca de Fene e que estivo a cargo do poeta Pablo Bouza Suárez«

«Fago poesía e Microrelato»

«Os meus poemas están espallados nalgunhas revistas, como” Voces para a Catalepsia”, “Tejiendo microhistorias”, “Microfaíscas”, “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da emoción”, “Poesía en Feminino “Mulleres do rural” etc. Formo parte do Colectivo Literario Moraima. Sempre que podo colaboro en recitáis poéticos ou en eventos culturais»

«Onde nacen os Pexegueiros» é un poemario dedicado á «casa familiar paterna, observada cos ollos da nostalxia». «Son os meus recordos a través dos anos da infancia e xuventude principalmente. Aínda que tamén percorre outros anos de madurez. Quérese facer unha homenaxe a toda a xente da aldea, á súa loita e fortaleza. Tamén á muller que xoga un papel tan importante, aínda que moitas veces solapado. E como non podería ser doutro xeito unha homenaxe tamén á natureza,  que está moi presente ao longo do poemario»

«Este libro está deseñado polo meu fillo Ángel Fernández Hermida, así como as fotografías e a maquetación. A Editorial é TerraIgnota»

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …