Naturgy anuncia cortes da luz en varias rúas de Narón o lúns 26

 

O Grupo Naturgy informou ao Concello de Narón que o vindeiro luns, día 26 deixará fóra de servizo unha serie de instalacións eléctricas na cidade, o que podería provocar interrupcións na subministración eléctrica en varias zonas.

A compañía explicou que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica. O corte programado será entre as 02.00 e as 04.00 horas e afectará as rúas Catro Camiños, Colmeote, Bispo Argaya, Goicoechea, Rafael Bárez e Vilalba. Desde a empresa solicitouse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.

Lea también

Narón celebra na Campa do Trece a 26ª edición do Oenach Atlántico, declarada de Interese Turístico de Galicia

A parroquia naronesa de Sedes converterase do 31 de xullo ao 2 de agosto no …