O Padroado de Cultura de Narón amplía o prazo de inscrición nos Campamentos culturais de verán

O Padroado da Cultura amplía do 19 ao 30 de xuño, sempre que queden vacantes, o prazo de inscrición nos Campamentos Culturais do Pazo. Ao igual que na xornada de hoxe venres poderanse anotar menores censados en Narón pero tamén noutros concellos nas vacantes dispoñibles a día de hoxe, un total de 17.

Para a primeira quenda de xullo, do 3 ao 14, hai libre unha praza para menores de 10 a 12 anos; na segunda, do 17 ao 28 de xullo hai seis prazas tamén para nenas e nenos de 10 a 12 anos e, finalmente, na terceira quenda, a do 31 de xullo ao 11 de agosto hai tres vacantes para menores de 6 a 9 anos e sete para os de 10 a 12 anos.

Os Campamentos culturais de verán ofertaron un total de 225 prazas. O prezo por quincena é de 50 euros e as inscricións deben tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura –rúa Holanda s/n- de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00.

Lea también

Narón acollerá ‘Entreterras’, o novo directo de SonDeSeu

A primeira cita con Entreterras será o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo, …