A concelleira en funcións de Festas, Natalia Hermida, presentou este lúns, xunto co presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, Francisco José Pita, e José Luis Teijeiro, tesoureiro da citada entidade, a Fin de semana Cultural e Gastronómica que se celebrará os días 24 e 25 de xuño.
O Concello de Narón organiza un ano máis coa asociación o “IX Encontro de Rondallas Cidade de Narón” que se levará a cabo o día 24 no campo da festa de Piñeiros. A partir das 17.00 horas actuarán as formacións Añoranzas, Só Elas, Lucero del Alba, Bohemios e Club de Campo.
Na xornada do domingo 25, a AVV de Piñeiros organiza o “XVII Encontro de Bandas de Gaitas Memorial Lolete”, que este ano dará comezo ás 14.00 horas co apartado gastronómico, e a “XIV Festa do churrasco”, cun menú a base de empanadillas, churrasco, liscos, chourizo criollo, patacas, pan, bebida postre e café. Tralo xantar comezará a programación musical, coa actuación dende as 16.30 horas das bandas Airiños do Eume, a Escola Municipal de Gaitas de San Sadurniño e Agarimo de Catabois. E finalmente haberá un baile amenizado polo cantante Jorge Latino.
Dende a AVV de Piñeiros o presidente avanzou que as persoas que desexen reservar mesa con anterioridade para grupos poden facelo chamandoao número de teléfono: 630 758 663. Os tickets poderán adquirirse dende este xoves no local social de Piñeiros e tamén os días 24 e 25 na carpa que se instalará en Piñeiros, ata esgotar existencias.
Os representantes da entidade veciñal agradeceron a implicación do Concello e xunto coa concelleira de Festas, que destacou o labor da AVV por axudar a manter estas celebracións na parroquia de Piñeiros, animaron á cidadanía a acudir aos actos da Fin de semana cultural e gastronómica.