Corte do subministro eléctrico este xoves en varios lugares da zona rural e urbana de Narón

O Grupo Naturgy comunicou ao Concello de Narón que este xoves, día 15, deixará fóra de servizo entre as 00.00 e as 06.00 horas unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias zonas da cidade de Narón. A necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, leva á empresa a realizar ese corte no subministro.

-Entre as 00.00 e as 02.00 horas o corte afectará as zonas de Agrande, Borreiros, Nelle, Pena de Embade, Sequeiro e Sobecos. 

-Na seguinte franxa indicada, de 02.00 a 04.00 horas, afectará ás rúas e lugares: Amenadás, Bimbieiro, Buxo, estrada de Cedeira, Catadoiros, Forcas, Hortiña, As Lagoas, Nova, Pena Lopesa, Pena Molexa, Ponte de Leixa, Ponte Pielas e Torrente Ballester.

-Finalmente, entre as 04.00 e as 06.00 horas, quedarán fóra de servizo instalacións que afectarán á rúa Mariscadores.

Dende a empresa solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …