Apertura do prazo de inscrición na Ludoteca municipal da Solaina en Narón

A Ludoteca municipal de Narón, localizada no número 2 da rúa Cardenal Cisneros (A Solaina) abriu o prazo de inscrición neste servizo ata completar a totalidade das prazas dispoñibles, que se dirixen a menores de 3 a 12 anos e preferentemente empadroados en Narón. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que as instalacións permanecerán operativas no verán dende o 23 deste mes ata o 8 de setembro, se ben en agosto, igual que en anos anteriores, pechará as súas portas.

O horario de funcionamento nos meses de xuño e xullo será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, para realizar actividades e obradoiros coas nenas e nenos e de 13.00 a 14.00 para información, recollida de formularios e realización de inscricións no centro. En total ofértanse 80 prazas –vinte por grupo- para menores de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos. As familias poden elixir entre as quendas do luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00 horas, para o grupo azul (3 a 6 anos) e o verde (7 a 12 anos) ou os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas para o grupo laranxa (3 a 6 anos) ou vermello (7 a 12), decantándose por unha opción das dúas posibles en cada franxa de idade.

Para solicitar máis información pódese acudir á Ludoteca e tamén chamar ao número de teléfono 981 389 284 ou escribir un correo electrónico á dirección: ludoteca@naron.es.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …