Concentración ante o Concello de Narón en repulsa do asasinato dunha muller en Oia

O Concello de Narón convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na xornada do pasado domingo, dunha muller de 44 anos, Ana Vanessa Serén, ás portas do cámping no que traballaba en Oia, Pontevedra, a mans da súa exparella.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero. Os asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”. Marián Ferreiro agradeceu a participación das persoas que se sumaron á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social”.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …