Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará este martes día 6 en Narón

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá martes día 6 á parroquia de Sedes –Narón. O vehículo permanecerá estacionado fronte ao local social municipal da AVV “Rosa dos Ventos”, donde estará operativo en horario de 10.00 a 14.00 horas, tal e como avanzaron dende ADOS.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá quepresentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún  documento similar e informar no caso de que se estea tomando algúnmedicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …