El SPEIS de Narón participou nunha acción formativa sobre o manexo de autoescada automática

Profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón participaron a pasada semana nunha formación específica sobre o manexo da autoescada Metz de 32 metros, unha das dúas coas que conta o parque de bombeiros naronés. O concelleiro en funcións responsable do Speis, Román Romero, indicou que o encargado de impartir o curso foi Jesús Hernando, bombeiro da Comunidade de Madrid durante 35 anos e formador nesta área a nivel nacional.

O curso, de nivel avanzado, está adicado principalmente ao coñecemento técnico da autoescada automática (AEA) e á operatividade das intervencións, tal e como se indicou dende o SPEIS. Os primeiros dous días reserváronse ao estudo completo da escada, coñecendo todos os seus rangos de traballo nas diferentes situacións ás que se poden enfrontar os profesionais e a realizar supostos prácticos con maquetas a escala.

O terceiro día adicouse ao traballo nas rúas da cidade, realizando exercicios reais en diferentes edificios que supuxeran situacións especiais, como aqueles nos que a escaleira alcance a máxima altura, de 32 metros, edificios alonxados da calzada, localizados en zonas pendientes… “Trátase dunha formación moi completa e de gran importancia para que os profesionais do SPEIS poidan determinar con garantías e afrontar eses rescates coa autoescada automática con todas as garantías de seguridade”, apuntou Romero.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …