O BNG anuncia a través dun comunicado que «a situación do Centro de atención a persoas con discapacidade Souto de Leixa, titularidade da Xunta de Galiza, situado no Concello de Ferrol, estará presente de novo no Parlamento de Galiza da man do deputado de Ferrol, Mon Fernández«
«Este centro volve ser noticia estes días, nesta ocasión polo feito de un grupo de familiares de persoas residentes ter presentado escrito de denuncia perante a fiscalía»
«A noticia desta denuncia non pode coller por sorpresa á Xunta de Galiza, despois das múltiples queixas recibidas polo funcionamento deste centro, tanto desde este colectivo de familiares como desde a representación legal do persoal que traballo no centro»
«Agora as familias acoden á fiscalía xa desesperadas, segundo as súas propias palabras, e desde o BNG entendemos que estes feitos deberan forzar a actuar dunha vez por todas á Consellaría, aínda que tendo presente o veto do Partido Popular a que o Consello de contas fiscalizara o funcionamento deste centro, non da para ser optimista»
«En todo caso o BNG levará o asunto ao vindeiro Pleno a través dunha pregunta oral á Conselleira de política social, que terá que realizar unha valoración sobre a situación actual e posicionarse sobre o que ten pensado facer a Xunta de Galiza»