«Na parroquia do Couto existe o Muiño das Aceas, que acaba de mercar o goberno municipal, despois de que o BNG levase dúas mocións para o seu debate en pleno e saíse aprobada da segunda volta.Tivemos que chegar ao goberno do Estado, onde o deputado do BNG Néstor Rego foi quen preguntou pola situación deste muíño, un dos poucos muíños de marea que quedan en pé», comentó Olaia Ledo, candidata a alcaldía de Narón. «O que hai que facer agora é arranxar o muíño e non permitir que caia, como xa está pasando, e conservar a maquinaria que ten dentro».
«Ademáis deste muíño nesta parroquia teñen o Mosteiro do Couto, onde existe unha das grandes bibliotecas que conserva libros antigos, e que a día de hoxe non se pode visitar, por diante do mesmo pasan o Camiño de Santiago e o de Santo André e as peregrinas e peregrinos percórreno sen coñecer o noso patrimonio» sinlou Olaia.