O Concello abre o día 22 o prazo de inscrición nun obradoiro de papaventos para menores

O Concello de Narón organizou, a través do Servizo de Normalización Lingüística, no marco do proxecto Guizo, un obradoiro de papaventos dirixido a menores de 6 a 12 anos e as súas familias. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, que avanzou que a convocatoria se desenvolverá o vindeiro 27 de maio ás 11.00 horas no centro cívico social do Couto.

Durante aproximadamente dúas horas as persoas que participen aprenderán a construír e voar un papaventos. En total ofértanse quince prazas para menores, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, día 22, ás 10.00 horas e as prazas cubriranse por estrita orde de inscrición.

A actividade é de balde e é necesario anotarse escribindo un correo electrónico á dirección: a.pita@naron.es, indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno, o da nai, pai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …