Olaia Ledo, candidata á alcaldía, presentou as propostas do BNG de Narón en sustentabilidade e ecoloxía

Olaia Ledo, candidata do BNG á alcaldíade Narón presentou na tarde deste xoves,  no local social do Alto, nun acto aberto  as súas propostas de goberno en ecoloxía e sustantabilidade. Ademais, tiveron un encontro formativo con Xavier Picos e Cêsio Caramês para centrarse no tratamento de residuos e na rexeneración da ría.

O BNG de Narón nestes catro anos fixo varios encontros a respecto de tratamento de residuos, situación da ría e alternativas, realizou campaña de limpeza do río Xuvia e Freixeiro, reclamou melloras no benestar animal «e, sobre todo, erixiuse como a voz do ecoloxismo no concello«. Este xoves presentou as propostas para “un goberno ecolóxico e sustentábel; en resumo un concello que traballe para que poidamos vivir mellor e que a herdanza aos nosos fillos poidan presumir e vivir de maneira sostíbel” declarou Olaia Ledo, candidata á alcaldía de Narón.

As súas propostas céntranse na mobilidade (hoxe en Narón a maioría dos desprazamentos son en vehículo privado); na rexeneración da ría en colaboración con outras administracións; no tratamento de residuos ou unha mesa de traballo para diminuír a polución do aire que respira a cidadanía de Narón.
Centraranse en dous temas: o tratamento de residuos e a rexeneración da ría e contarán con expertos na materia como Xavier Picos, traballador e conferenciante en tratamento de residuos comunitarios e Cêsio Caramês, biólogo e autor da publicación “unha proposta para a ría de Ferrol”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …