A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza os Maios das Letras

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza para este sábado 13 de maio os “Maios das Letras” para celebrar dúas datas significativas dentro do noso calendario cultural.

A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes conta cun programa de actos que comezará ás 11 da mañá coa construción dun maio ao xeito tradicional e dunha alfombra floral na honra de Francisco Fernández del Riego con participación aberta a todas as persoas que queiran participar.

A partir das 12:30 h, presentarase o libro “Leandro Lamas” no que intervirán Charo Lopes e Xiao Berlai da equipa de Através Editora promotora da publicación e de Silvia Casal actriz e prologuista do libro.

Ás 13:00h actuará a Banda de Música infantil da Asociación Musical e Cultural Sementeira de Narón.

Como peche do evento haberá degustación de callos (tradicionais e veganos) con pan e sobremesa por 8€ (bebida a parte).

Esta actividade conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

“As nosas tradicións” volve ás escolas infantís de Narón co outono como primeira parada

A iniciativa da concellaría de Política Lingüística achega a unhas cen familias información, curiosidades e …