O Concello e a Agrupación Veciñal de San Mateo organizan unha nova edición da Festa dos callos

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e José Manuel López, secretario da Agrupación Veciñal de San Mateo, presentaron na o venres dia 5 a programación da Festa dos callos que se celebrará o día 14 de maio na citada parroquia. A rexedora local explicou que se instalará un toldo nas inmediacións do local social baixo o que se servirán, a partir das 13.00 horas, as racións de callos.

As persoas que desexen asistir poderán adquirir os tickets a partir das 12.00 horas aproximadamente, a un prezo de 8 euros que, a maiores dos callos, inclúe unha cunca de barro, pan e bebida. López explicou que dende que se iniciou esta celebración na parroquia sempre é a mesma persoa a que cociña os callos, unha veciña de San Mateo e avanzou que se servirán medio milleiro de racións, unha cifra similar á de anos anteriores. Así mesmo, indicou que para amenizar a xornada haberá música en vivo.

Pola súa banda, a alcaldesa destacou a tradición desta festa gastronómica, iniciada no ano 2010 e celebrada ininterrompidamente salvo o período da pandemia da Covid-19. Ferreiro valorou tamén o traballo realizado dende a Agrupación Veciñal de San Mateo e polas persoas que participan no obradoiro de cerámica que se imparte en San Mateo e que de xeito totalmente altruista realizaron as cuncas de cerámica nas que se servirán os callos e que se poderán levar os comensais para as súas casas.

Tanto dende o Concello como da Agrupación Veciñal de San Mateo animaron ás veciñas e veciños de Narón e comarca a achegarse o día 14 a este evento para desfrutar dunha xornada gastronómica e de lecer.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …