O Pazo da Cultura, premiado nos «I Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas»

O Pazo da Cultura de Narón recibiu este martes 25 de abril  unha das distincións da primeira edición dos “Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas”, celebrados en Vigo. O director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández, foi a persoa encargada de recoller o recoñecemento ao espazo “onde non che dan as chaves e marchan”, entregado por Eva Triñanes, secretaria de Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas). Esta entidade organizou o acto en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

A distinción destaca “o labor do persoal do Pazo e a oferta de equipamentos técnicos actualizados e coidados”, tal e como manifestaron dende Escena Galega, onde tamén incidiron no feito de que o Pazo aglutina “unha inxente actividade cultural de referencia na comarca de Ferrolterra, onde  o sector goza de levar as súas pezas á cidadanía de Narón”.

Unha comisión-xurado integrada por persoas e entidades recoñecidas no ámbito cultural encargouse de elixir aos premiados nesta primeira edición. Os integrantes do xurado recoñeceron que “hai moitos espazos, que esperemos que cada vez sexan máis, nos que non nos dan a chave e marchan, senón que nos atende persoal amable e eficiente, e nos ofrece equipamentos actualizados e coidados”, en alusión ao Pazo da Cultura naronés.

O director técnico do Padroado da Cultura agradeceu a distinción que recibiu o Pazo e valorou o recoñecemento ao traballo que se realiza día a día nas citadas instalacións co fin de ofrecer unha programación cultural diversificada e de gran calidade.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …