Narón licita en 112.400€ as obras do novo almacén para o Club de piragüismo local en Xuvia

A nova construción ubicarase a escasos metros das instalacións do club local, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
 
 
O Club de piragüismo Narón disporá dun novo almacén para gardar o seu material trala licitación por parte do concello da construción destas instalacións no paseo marítimo de Xuvia. O goberno local destinará aos traballos unha partida de 112.400 euros, que se cofinanciarán con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
 
A nova construción sumarase ao local que o citado club local ten na rúa Marcial Calvo dende hai máis de quince anos, a uns metros de distancia. Nos últimos anos reformáronse as instalacións existentes para mellorar os aseos, os vestiarios e a accesibilidade, detectándose a necesidade de máis espazo para almanecenamento de piraguas e equipos.
 
Con esta finalidade, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, apostouse por crear este novo espazo preto do embarcadoiro localizado na zona. A rexedora local subliñou a importancia de “continuar apoiando a práctica deportiva e ir mellorando as instalacións existentes e creando outras novas nunha cidade na que afortunadamente contamos cun diverso tecido deportivo que, a día de hoxe, fai que algunhas delas se queden pequenas, o que é un sinal de que se incrementa o número de persoas que practican deporte”.
 
A construción estará perfectamente integrada na súa contorna, con módulos independentes de contenedores situados nunha zona de fácil acceso tanto dende as instalacións do club de piragüismo, da zona de parque e urbana como do bordo costeiro e do propio pantalán, tal e como se especificaba no proxecto.
 
“Colocaranse dous contenedores para almacén de piraguas e un terceiro para equipos vencellados a esta práctica deportiva, dotados dous deles cun aseo”, apuntou Ferreiro. Dende o Consistorio especificouse que se elixiu o sistema de contenedores individuais “pola súa facilidade no caso de que sexa preciso un eventual cambio de localización e para crear unha baixa pegada no territorio, sen necesidade de elementos alleos”.
 
Os contenedores terán unhas dimensións de 12,20 x 2,40 x 2,60 metros, con porta dobre na cabeza e no exterior serán forrados con madeira tratada.

Lea también

70 postos participan en Narón no “XVII Mercado de 2ª man” no recinto feiral do Trece

A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, recordou que abrirá as súas portas en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.