O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Concello de Narón defenderá no vindeiro pleno municipal dúas iniciativas.
En primeiro lugar, o BNG leva a pleno unha moción en defensa das persoas que padecen fibromialxia, fatiga crónica e dor crónica (doenzas altamente incapacitantes cun impacto maioritario nas mulleres). Na iniciativa reclámase un convenio nominativo anual con AFFINOR, o acceso a espazos municipais accesibles e confortables para as súas terapias, campañas de sensibilización (con especial implicación cada 12 de maio) e unha rede de coordinación estable entre Servizos Sociais, Sanidade, Igualdade e as entidades sociosanitarias locais.
A segunda moción co gallo para aproveitar o aprazamento do ditame do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) 2027-2029 até decembro. As nacionalistas propoñen emendar o Anexo I para axustar as contías destinadas a entidades como a mesma Affinor, Fundación Terra de Trasancos, Clube de atletismo e a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra que, en palabras de Carballeira, “suporían unha suba de só o 1,4 % do destinado a esta partida pero unha porcentaxe moito máis grande de veciñas e veciños da cidade que se verían beneficiados”
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
