Pleno en Narón o día 2 de Maio para designar aos presidentes e vogais das mesas electorais

O Concello de Narón acollerá o vindeiro martes 2 de maio, ás 9.30 horas, un pleno extraordinario para proceder ao sorteo dos membros das mesas para as eleccións locais que se celebrarán o 28 de maio (presidentes, vogais primeiros e segundos e os suplentes). As persoas seleccionadas recibirán unha notificación no seu domicilio e no caso de non poder ocupar o posto o día das eleccións deberán xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona de Ferrol, ubicada no edificio do Xulgado, na rúa Coruña.

Así mesmo, dende o Concello recórdase ás veciñas e veciños da cidade e ao resto de persoas interesadas do cambio dalgúns colexios electorais, como o de Pedroso que pasa a ser no centro cívico; O Val, no local social da parroquia e Piñeiros, que será no pavillón do colexio. As persoas interesadas en consultar a totalidade dos colexios poden facelo a través da web do Concello.

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …