«Performance» na praza da Gándara organizada en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Narón desenvolve este mes de abril un obradoiro en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que terá mañá mércores dia 27  o seu broche final cunha performance programada na praza da Gándara ás 12.30 horas. A edil de Benestar Social, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha proposta centrada na sensibilización sobre a sustentabilidade vencellada coa auga.

O pasado 13 de abril levouse a cabo unha sesión teórica na que se incidiu na importancia da auga como dereito humano fundamental e como un recurso que precisa protección. A pasada semana, o día 20, houbo unha segunda sesión e mañá terá lugar a última de algo máis de catro horas e destinada, tal e como indicou a edil, á capacitación das persoas asistentes no potencial da performance para a transformación social, dinamizados por unha profesional das artes escénicas.

Na performance da praza da Gándara participará un grupo de doce mulleres da cidade, de entre 30 e 57 anos e que están asistindo ao obradoiro “Apodérate” na Casa da Mocidade. Este obradoiro ten como obxectivo promover a inclusión social e o empoderamento de mulleres.

Lea también

Herida una animadora del tren navideño de Narón al caer del vehículo en marcha

La joven, que realizaba labores de animación caracterizada como «elfa», fue trasladada a un centro …