O instituto de Canido representará a Ferrol na final do Club de Debate

Ferrol volveu ter representación no Club de Debate tras a pandemia. Esta actividade de dinamización lingüística xurdiu da man de varios concellos no curso 2011-2012 e agás os tres últimos anos, Ferrol sempre contou con representación da man de equipos de diferentes centros de ensino.

Trátase dunha iniciativa dirixida ao alumnado de 3º, 4º da ESO, Bacharelato e ciclos formativos orientado á dinamización lingüística entre a mocidade organizado por varios concellos galegos a raíz dun convenio asinado no ano 2014 que busca contribuír ao uso oral do galego e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal á vez que promove a reflexión e o intercambio de opinións.

O luns día 24, no Concello de Teo, tivo lugar a segunda xornada do Club de Debate con oito equipos debatendo a favor e en contra sobre a idea ‘Somos menos sociais coas redes sociais’. O Concello de Ferrol estivo representado por tres equipos: dous do IES Canido (Filial Canido e IES Canido) e un do IES Saturnino Montojo. Tras a citada xornada, pasarán á final seis equipos: o EIS Canido, IES Xulián Magariños (Negreira), Terra de Xallas (Santa Coba), IES do Milladoiro, IES de Ames e o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro).

A fase final do Club de Debate terá lugar o 3 de xuño en Bertamiráns, no municipio de Ames. O equipo vencedor poderá gozar dun viaxe educativo

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …