Cruce de declaracións entre o Bng de Narón e o concelleiro Pablo Mauriz polas actuacións no camiño das Aceas

O BNG de Narón,  reclama según indica nun comunicado de prensa que: » o derrubamento de terras caído ao carón do muíño sexa solucionado. Ante a nota enviada polo concello sobre a licitación considerámolo propaganda electoral cando nin tan sequera xestionou este tempo para solucionar a contorna do muíño e o seu tellado. Un exemplo da praxe de TEGA e que é anunciado antes de pasar por pleno ou enviar información en tempo e forma ao conxunto da corporaciónConsideramos que é o exemplo do goberno de TEGA no que se anuncian moitas cousas e non se fan nada».

Según afirma o BNG neste comunicado «O Muíño de Xuvia aínda non ten museo, o aparcadoiro do centro de saúde seguen en obras, a avenida de Santa Icía está como está e con sobre custe e agora anuncian un modificado de crédito cando nin tan sequera foron quen de usar os remanentes anteriore para mellorar servizos como o Servizo de Axuda no Fogar ou bonificar ao comercio local «. 

Pola sua parte o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, lamentou unha vez máis o “absoluto descoñecemento que amosa o BNG local sobre a actualidade deste Concello”. O edil saíu ao paso das declaracións realizadas polos nacionalistas sobre o camiño do muíño das Aceas e explicou que “hai xa varias semanas que nos reunimos co responsable da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, para abordar esta actuación, ao estar nunha zona do seu dominio”.

Mauriz indicou que se realizaron dende Costas unha serie de condicionamentos para levar a cabo os traballos pendentes que se recollerán nun proxecto para reparar o camiño das Covas. “O BNG podería preguntar por esta actuación na pertinente Comisión de Obras, no pleno ou mesmo a min persoalmente, pero nunca o fixo, o que finalmente unha vez máis deriva nunha acusación carente de fundamento e que constata o nulo interese que teñen sobre os temas do día a día no noso concello”, subliñou o concelleiro de Obras.

O edil recordou que hai unha solución temporal que facilita o acceso a unha vivenda localizada na zona, operativa xa aos poucos días de derrubarse un tramo do camiño das Covas.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. No entiendo estos políticos que están a «velas vir» durante todo el manto .Llevamos con este tramo de paseo 32 años sin reparar y se acuerdan justo cuando son las elecciones.
    Es una pena que no se preocupen más del pueblo.
    ¿Por qué se acuerda ahora el BNG?