Seguen os actos do 8M en Narón

Este martes día sete de marzo o Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá, ás 19.30 horas, o acto de presentación do libro “Voces da memoria con ollos de muller”, da profesora, investigadora e escritora Ánxela Loureiro.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, participará na convocatoria xunto coa propia autora do libro e dúas das mulleres que figuran no mesmo, Rosario Alabau e Manuela López. O libro aborda a temática dos sucesos do 10 de marzo de 1972, no que as mulleres, en concreto na comarca Alabau e López, xogaron un papel fundamental e cuxos relatos aparecen recollidos.A xornalista Marta Corral presentará a convocatoria, na que tamén estará presente a edil de Igualdade, Mar Gómez. A entrada é libre ata completar a capacidade do Café Teatro.

A seguinte proposta da programación será o propio mércores 8 de marzo, Día das Mulleres, xornada na que se homenaxeará á Muller do Ano de Narón e a partir da que se poderá visitar a exposición “8M Mulleres de Narón», integrada por varios tótems, entre eles un coas mulleres que recibiron a distinción de Muller do Ano de Narón e outro de destacadas feministas como a xornalista Virginia Bolten, a ecoloxista Vandana Shiva, Emmeline Pankhurst e as súas fillas Chistabel e Sylvia, a feminista das novas xeracións Emma Watson.

O mércores pola noite tamén se iluminarán de cor malva o Pazo da Cultura, a Casa da Cultura, a glorieta de Freixeiro e o edificio do Xulgado en Xuvia.

A programación continuará o venres 10 coa tradicional Cea das Mulleres, que terá lugar no restaurante local Casa Becerra ás 21.30 horas e para a que aínda se poden anotar –no propio establecemento- as persoas interesadas en acudir ou chamando aos teléfonos 981 381 905 e 650 144 527. O menú da cea, cun custe de 25 euros, consta de empanada de atún, fornecido de ibéricos e queixo, lombo ibérico con guarnición de champiñóns, sobremesas, bebida e café. O venres continuará tamén a programación do “VIII Festival Internacional do monólogo teatral Singular” no Pazo da Cultura, co espectáculo “Señora de rojo sobre fondo gris” ás 20.30 horas, protagonizado por José Sacristán.

O venres outra das propostas é unha conferencia do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental “A saúde mental é cousa de todos e todas”. A matrona Isaura González e a psicóloga especializada en saúde mental perinatal Pilar Carballeira falarán no Centro Cívico Social do Alto sobre “Saúde mental na maternidade/paternidade” a partir das 19.30 horas. O acceso é libre ata completar a capacidade da sala

O ciclo inclúe o día 11 de marzo o monólogo “Christiane” ás 20.00 horas, coa arxentina Belén Pasqualini e o 12 a proposta infantil “U-la lúa?” ás 18.00 horas, coa compañía galega A Xanela do Maxín. As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo da Cultura.

O sábado 11 haberá tamén unha actividade na Biblioteca municipal enmarcada nos actos do 8M, pensada para menores a partir de 3 anos. “E ti , que queres ser de maior?” é o título desta proposta de Trémola Teatro na que se reflexiona sobre os prexuízos e estereotipos relacionados coas profesións. A protagonista é Yoli, unha rapaza que solo ve atrancos por parte dos seus compañeiros cando lles di a que lle gustaría adicarse profesionalmente. O prazo para anotarse nesta actividade abrirá este martes ás 16.00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ó número 981 382 173.

Tamén na Biblioteca se poderá ver dende o día 11 a mostra de libros e outros materiais que tratan a situación da muller ao longo da historia: “Letras que r8Mpen o teito de cristal”.

Lea también

El primer premio de la Lotería Nacional deja 360.000 euros en Narón

La suerte de la Lotería Nacional se dejó caer este pasado sábado en Narón. La …