A alcaldesa de Narón recibiu a alumnos do CEIP Ponte de Xuvia

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu este luns 6 de marzo, no salón de plenos a unha vintena de alumnas e alumnos de sexto de Primaria do CEIP Ponte de Xuvia. Trala chegada ao Consistorio os menores, acompañados dunha docente do centro, visitaron as instalacións do Arquivo para, a continuación, ver un vídeo sobre a cidade e o funcionamento do Concello no salón de plenos, onde ocuparon os espazos dos concelleiros e concelleiras da corporación local.

Unha vez reunidos coa alcaldesa, interesáronse por saber a que idade foi alcaldesa e os anos que leva, como é o día a día do seu traballo, a que partido pertence, que cousas importantes se conseguiron dende o goberno local nos últimos anos e tamén que consellos lles daría se queren ser alcaldes ou alcaldesas, entre outras cuestións. Marián Ferreiro respostou ás cuestións que lle formularon e conversou coas rapazas e rapaces durante a súa estancia no salón plenario. Antes de rematar o encontro, recibiron uns agasallos institucionais e sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa. Finalmente, e antes de regresar de novo ás aulas, os escolares visitaron tamén as dependencias da Policía Local no Consistorio.

Lea también

Asociación Cultural Vai Rañala Meu! programa un decembro cheo de actividade e solidariedade

O mes de decembro vén cargado de actividade na entidade afincada en Sedes con diferentes …