O Concello de Narón habilitará un novo estacionamento de proximidade no barrio da Solaina

O barrio da Solaina, en Narón,  disporá dun novo estacionamento de proximidade nas vindeiras semanas. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que este sábado se desprazou á zona na que se habilitará acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla e de Alberto Pena e Berto Seijo, presidente e simpatizante e exdirectivo, respectivamente, do club de fútbol Estrella. “Trátase dun espazo de algo máis de 4.000 metros cadrados de titularidade municipal que pasará a ser un aparcadoiro provisional, ampliando así o número de prazas que se habilitarán na zona”, asegurou Ferreiro.

A alcaldesa explicou que estas instalacións deportivas non están sendo utilizadas na actualidade polos integrantes do club de fútbol Estrella, que adestran e xogan nos campos de San Mateo e do Cadaval e non teñen equipos  base na actual tempada. Ferreiro mantivo unha reunión con representantes do club local para cambiar temporalmente o uso desa parcela, unha proposta que contou co respaldo da entidade deportiva. “Quero agradecer especialmente a comprensión e o apoio do Club de Fútbol Estrella e a súa vontade para poder materializar este proxecto moi necesario nestes momentos no barrio”, subliñou a rexedora local.

Ferreiro recordou que esta mesma semana o Concello procedíadelimitar unha parte do estacionamento de proximidade actualmente operativo na Solaina, nas inmediacións do colexio, debido á falta de acordo con un dos titulares de parte do chan para renovar a cesión do mesmo. “Dende o momento en que o propietario nos trasladou a súa proposta e que vimos que era inviable comezamos a traballar noutras opcións e a que finalmente eliximos permitiranos ademais habilitar un maior número de prazas para estacionar das que tivemos que suprimir no outro aparcadoiro e nun espazo con alumeado público, moi próximo ás vivendas e instalacións municipais”, recalcou.

 

A alcaldesa asegurou que a vindeira semana se prevé comezar a acondicionar o terreo para que poidan estacionar canto antes os vehículos nun firme que temporalmente pasará a ser de xabre. O novo aparcadoiro terá, tal e como avanzou Ferreiro, entrada pola rúa Ourense e entrada e saída pola rúa Pontevedra.

Lea también

Una mujer atropellada en un paso de peatones, en Narón

Sobre las diez de la mañana de este martes se registró un accidente en el …