TEGA acusa ó BNG de Narón de dar «información falsa»

En relación co comunicado de prensa enviado polo BNG de Narón con respecto ós cursos municipais de prevención de riscos, a concelleira de Formación do Concello, Natalia Hermida, acusa á formación de dar «unha información falsa, confundindo ás persoas desempregadas e ó alumnado dos cursos do Programa Municipal de Formación»

“Se o que pretendían era facer unha ofensa política, a ofensa é máis para o persoal técnico do Concello que é quen fai a proposta técnica de programación en formación para persoas desempregadas de Narón”, asegurou, incidindo en que “o persoal técnico claramente conta cunha ampla experiencia e coñecemento do mercado e esixencias do mercado laboral desta comarca con contacto directo coas empresas e entidades empresariais do sector da industria en xeral e do sector naval en particular”.

“Somos o único Concello da comarca que fai unha secuencia completa en formación en Prevención de riscos para o acceso ós empregos na industria do metal, incluida a do naval, e ademáis integramente financiada con recursos propios”, explicou.

Hermida recalcou que confundir un curso específico en Prevención de riscos e medio ambiente naval co curso básico de Prevención de riscos, 60 horas, que foi a primeira convocatoria que se fixo no mes de xaneiro con dúas edicións, unha actualmente en execución para corenta persoas “é dunha total ignorancia e descoñecemento en formación e prevención de riscos e a súa normativa”.

A concelleira de Formación está apostando por unha formación “que cumpre por completo todas as esixencias de Navantia e da industria en xeral”.

“Todos os anos programamos varias edicións do curso básico de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas que está homologado e rexistrado pola Fundación do Metal e cumpre co contido do convenio estatal do metal, ó igual que o contido das especialidades de prevención do naval en espazos confinados e en traballos en altura”, subliñou Hermida, explicando que ademais se realizan tres edicións do curso de Operador/a de carretilla e plataforma elevadora con certificación UNE, completando así a secuencia en Prevención de riscos.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …