Se destinan 216.000€ en Narón ós estacionamentos de proximidade de Piñeiros e A Gándara

O Concello de Narón continúa avanzando na habilitación de estacionamentos disuasorios. Así o destacou a alcaldesa, Marián Ferreiro, tras anunciar que esta mesma semana comezaron os traballos que permitirán construir o proxectado en na Gándara e que simultáneamente se executarán as obras do previsto en Piñeiros.

“Licitamos estas dúas actuacións en preto de 216.000 euros, unha contía que nos permitirá poñer a disposición da cidadanía un total de 155 prazas de estacionamento para vehículos lixeiros que se suman ás preto de duascentas xa operativas en Xuvia, no Ponto e na Solaina, subliñou Ferreiro. As xestións realizadas dende o goberno local, explicou a rexedora, permitiron adquirir ou negociar a cesión do solo necesario para habilitar os novos estacionamentos de proximidade.

No caso do da Gándara habilitarase en terreos de titularidade privada localizados na zona urbana tras chegar a un convenio de uso cos propietarios dos mesmos. A superficie do aparcadoiro será duns 4.000 metros cadrados e terá acceso dende a rúa Bispo Argaya e a rúa Colmeote.

Ó igual que acontece no caso de Piñeiros, localízase nun entorno moi poboado, próximo a dous colexios, dúas escolas infantís, o Complexo polideportivo municipal da cidade e a praza da Gándara. Así mesmo, en Piñeiros ocupará unha superficie de algo máis de 2.000 metros cadrados, con entrada e saída de vehículos pola avenida Miguel de Cervantes

“O Concello adquiriu os terreos necesarios para este aparcamento, entre a rúa Miguel de Cervantes e o campo de fútbol do Cadaval”, indicou. No barrio de Piñeiros ampliaranse as prazas de estacionamento nunha zona próxima ó campo de fútbol e tamén á escola infantil, locais socioculturais e nunha zona con elevada densidade de poboación.  En ambos casos os traballos completaranse, tal e como figura no proxecto, coa sinalización vertical e horizontal de prazas, accesos…

«A comezos do verán estarán plenamente operativos estes dous novos estacionamentos de proximidade, un servizo que dende o goberno local consideramos moi necesario na cidade e que funciona dun xeito óptimo nos tres casos que se manteñen operativos, Xuvia, A Solaina e O Ponto». “A humanización dos barrios pasa tamén por mellorar a mobilidade do parque automovilístico, polo que a rede de aparcamentos continúa medrando a medida que avanzamos nesa liña de futuro para a cidade”, recalcou Ferreiro.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …