Narón oferta vinte prazas nun itinerario completo de Prevención de Riscos Laborais

O curso, incluido no Plan de Formación Municipal, desenvolverase do 5 de outubro ao 6 de novembro no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. As inscricións abren este martes, 22 de novembro.

Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara

O Concello de Narón abre este martes, 22 de setembro, o prazo de inscrición para unha nova acción formativa en Prevención de Riscos Laborais, dentro do Programa de Formación Municipal. O itinerario, de 107 horas, inclúe 60 horas homologadas de PRL para os sectores do metal e a construción, ás que se suman 16 horas da especialidade naval (8 horas de PRL Naval e 8 horas de medio ambiente no sector naval) e 16 horas máis, válidas para diversos sectores, repartidas entre PRL en espazos confinados e PRL en traballos en altura (8 horas cada unha). Complétase con módulos transversais de igualdade de oportunidades, emprendemento e orientación laboral, ademais de visitas e charlas.

As clases impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, entre o 5 de outubro e o 6 de novembro. O horario será de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres ata o 23 de outubro e o 3 de novembro, e de 9:00 a 13:00 horas do 26 de outubro ao 5 de novembro; a última xornada, o 6 de novembro, adaptarase ás visitas programadas ás empresas.

O curso oferta 20 prazas, das que un 20% se reservan para persoas derivadas do Servizo Sociocomunitario. Poderán inscribirse persoas maiores de idade, desempregadas e empadroadas en Narón. En caso de non cubrirse todas as prazas con persoas empadroadas no concello, poderán acceder tamén desempregados doutros municipios, sempre por orde de inscrición. Entre os requisitos figura tamén non estar admitido noutro curso do programa municipal que coincida no tempo con este, así como non ter tido unha avaliación negativa nos últimos tres anos nun curso do mesmo sector nin ter superado xa esta mesma formación.

As solicitudes poden presentarse desde o martes 22 de setembro, ás 8:30 horas, ata o 28 de setembro, ás 13:00 horas, no Rexistro Xeral do Concello de Narón, a través da Sede Electrónica ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. A selección do alumnado farase por rigorosa orde de inscrición no rexistro, e poderanse admitir solicitudes fóra de prazo sempre que queden prazas vacantes.

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou que «este itinerario dálle unha resposta completa a sectores que seguen a ser piares do emprego en Narón, cunha formación en seguridade que abre as portas a varios ámbitos profesionais».

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro Municipal de Formación, no teléfono 981 33 31 35, ou consultar a sede electrónica municipal, na sección de Información Pública – Formación.

Lea también

Narón celebra unha nova edición do Día da Bicicleta

A proba, enmarcada na Semana Europea da Mobilidade, terá lugar este 20 de setembro a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *