Apertura do plazo de inscrición en Narón na campaña de Entroido dirixida ó sector hostaleiro

O Concello de Narón organiza unha campaña de Entroido dirixida ó sector hostaleiro local que se desenvolverá do 20 ó 26 deste mes de febreiro.

Así o avanzou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que animou ós representantes do sector na cidade a anotarse, dende este sábado día 11 de febreiro, nesta iniciativa a través do correo: me.mendez@naron.es.

O prazo para anotarse rematará o vindeiro martes, 14 de febreiro. Pita explicou que a campaña se dirixe a trinta locais de hostalería, que recibirán cada un deles 200 papeletas “rasca e gaña” que entregarán coas consumicións á clientela.

Algunhas delas teñen premios directos (bolígrafos, libretas, altofalantes para móbil, xogos de mesa, chaveiros) e, a maiores, cada un dos establecementos entregará unha “cesta de Entroido”, con cocido con lacón, grelos, cachola e chourizo para catro persoas.

O concelleiro naronés animou ós hostaleiros locais a participar nesta campaña “a través da que queremos dinamizar o sector nesta tempada de Entroido e, de paso, premiar a fidelidade da súa clientela”.

Lea también

O BNG de Narón visita Lugo para integrar ideas de modelo de cidade no seu programa de goberno local 2027

Unha delegación do Consello Local do BNG de Narón, encabezada polo seu candidato á alcaldía, …